Licítase a mellora do saneamento en Seadur

As obras desta localidade do concello de Larouco suporán un investimento de 430.000 euros

 

O alcalde de Larouco, co delegado da Xunta e a xefa territorial de Medio Ambiente, no Concello.

O alcalde de Larouco, co delegado da Xunta e a xefa territorial de Medio Ambiente, no Concello.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o 3 de marzo a licitación das obras de mellora no saneamento e abastecemento no núcleo de Seadur (Larcouco), que suporán un investimento de 430.000 euros.

Nestes momenotos este pobo valdeorrés abastécese unicamente da auga procedente dun depósito regulador de 50 m3 que se atopa en mal estado. Co fin de solucionar este problema, proxéctase a instalación dun novo depósito de 100 m3, situado a 200 metros do depósito actual. Deste punto partirán dúas tubaxes, a primeira en polietileno, cunha lonxitude de 196 metros, conectará o novo depósito coa tubaxe de entrada do depósito existente; a segunda será de distribución da auga a todo o núcleo, tanto nos eixos principais da rede como nos secundarios empregarase tubaxe de polietileno, cunha lonxitude total de 2.640 metros.

Así o explicaba na visita realizada na mañá do 3 de marzo a Larouco o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, que foi recibido neste concello valdeorrés polo seu alcalde, Joaquín Bautista Prieto. Nesta visita estivo acompañado pola xefa territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Victoria Núñez.

Asemade o delegado matizaba que a rede de saneamento actual de Seadur tamén presenta diferentes carencias, polo que se renovará mediante un total de 3.038 metros de tubaxe de PVC de 250 mm de diámetro e dividida en 18 treitos, que recollerá as augas do núcleo e conduciraas ata a estación depuradora de augas residuais (EDAR). Na rede de pluviais só se mellorarán os tramos onde sexa necesario, proxectándose a substitución de 6 treitos. A lonxitude total da tubaxe é de 640 metros.

 

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies