En portadaÚltima hora

Licítase a sinalización das Rutas do Viño de Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei

Instalaranse novos indicadores actualizados e con modelos unificados que recollan os establecementos que forman parte das rutas

Viñedos na D.. Ribeira Sacra./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Case 322.000 euros destinaranse á sinalización das Ruta do Viño da Ribeira Sacra, de Monterrei e de Valdeorras. A Xunta vén de publicar na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación destes traballlos.

O obxectivo é “mellorar a sinalización coa instalación de novos indicadores actualizados que recollan os establecementos e concellos que forman parte das rutas do viño destas denominacións de orixe. As empresas interesadas en presentar ofertas poden facelo ata o vindeiro día 25 de xaneiro e o prazo de execución é de catro meses”, tal e como indica o delegado da Xunta de Galicia na provincia de Ourense, Gabriel Alén.

O proxecto prevé unificar os tipos de paneis direccionais urbanos e carteis direccionais frecha coa adopción dun único modelo. Ademais, propón incluír indicadores en lugares singulares nos que se pretende dar a coñecer as Rutas do Viño.

 

Gabriel Alén Castro, delegado da Xunta en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O territorio no que se actuará abarca os concellos ourensáns de A Teixeira, Castro Caldelas, Parada de Sil, Nogueira de Ramuín e A Pobra de Trives, xunto con outros cinco municipios da provincia de Lugo, dentro da Ruta do Viño da Ribeira Sacra. Os concellos de O Barco de Valdeorras, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras e Petín dentro da Ruta dos Viños de Valdeorras; e os concellos de Monterrei, Verín e Oímbra na Ruta dos Viños de Monterrei.

Gabriel Alén salientou que a ruta abrangue recursos de interese enolóxico, cultural e paisaxístico entre os que se poden atopar, ademais das adegas, outros establecementos que prestan servizos de restauración e hospedaxe, museos, artesanía ou instalacións de lecer.

Artigos relacionados

Back to top button