PolíticaÚltima hora

Lidia Senra informa sobre as implicacións no medio rural do TTIP

A eurodiputada de AGE achegouse ata A Rúa para falar sobre os acordos entre EE.UU., Canadá e a UE
A eurodiputada de AGE na Rúa.
A eurodiputada de AGE na Rúa.

Con toda unha vida adicada a loitar polo agro galego dende o nacionalismo, a eurodiputada Lidia Senra (Alternativa Galega de Esquerdas en Europa e ex-secretaria do Sindicato Labrego) achegábase na tarde do 10 de xuño ata a Biblioteca Municipal da Rúa para falar do TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Inversiones) e as implicacións que ten no medio rural. Un acto aberto a toda a cidadanía, que tivo a oportunidade de informarse deste polémico acordo entre Europa e Estados Unidos, que “supón novos e graves recortes para os dereitos da poboación”, en palabras de AGE.

Os acordos internacionais de comercio entre EE.UU. e a Unión Europea “é do que máis se fala actualmente pero antes quero falar doutro tan importante ou máis que xa está pechado e só falta ratificar, o CETA, un acordo internacional do comercio entre Canadá e a UE que vén a ser basicamente o mesmo e non interesa que se coñeza porque son para favorecer ás multinacionais, aínda que o que nos venden é que se van a xerar moitos postos de traballo”, dixo Lidia, criticando a “falta de transparencia” e asegurando ter o “reto de sacalos á e luz, que se coñezan”.

Lidia Senra e Sindo na Biblioteca da Rúa.
Lidia Senra e Sindo na Biblioteca da Rúa.
Asistentes á charla sobre o TTIP, na Rúa.
Asistentes á charla sobre o TTIP, na Rúa.

Con respecto ao agro (a súa competencia), Senra falou do principio de precaución que existe na UE (criterios para poñer no mercado produtos unha vez que se demostra que non son nocivos), como o uso de hormonas para producir carne que “en Europa está prohibido pero en Estados Unidos e Canadá non polo que con estos tratados baixarán os estándares de calidade dos alimentos”. Outros exemplos dos que falou a eurodiputada foron o uso de transxénicos así como a polémica sobre o glifosato, “un herbicida de uso moi extendido que é canceríxeno nos animais e posiblemente tamén nos humanos, que a UE ten que decidir renova o permiso para o seu uso ou o prohibe definitivamente”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button