DeportesÚltima hora

Liga valdeorresa de orientación, no Barco

A primeira proba celebrarase o sábado 14 de febreiro no Salgueiral

fondo-cartel-e1422999483136

O vindeiro sábado 14 de febreiro celebrarase no Salgueiral do Barco de Valdeorras, a 1ª proba da liga valdeorresa de orientación, organizada pola sección de orientación do Club Peña Trevinca Barco, co obxectivo de “difundir o deporte no ambito comarcal para que poden ir practicando os rapaces que queiran presentarse ao campionato escolar de orientación de Ourense” explican dende a organización.

Dende o club de montaña teñen pensado organizar varias carreiras ao longo do ano (Xagoaza, Éntoma), pero esta primeira proba será na área recreativa, “un lugar accesible para ir collendo confianza á hora de transitar polo monte” din. A concentración será á beira do lago, comezando ás 11:30h. (saída do primeiro corredor). Ás 12:30h. será a saída para menores de 8 años e ás 13:30 pecharase a meta.

Haberá tres categorías masculino e feminino: menores (1997-2006); adultos (1996 e anteriores); e correlín (menores de 8 anos).

A inscrición estará aberta ata o xoves 12 de febreiro ás 17h. en www.clubtrevincabarco.org.

Artigos relacionados

Back to top button