Lilian Calmejane (Direct Energie) proclamábase vencedor en solitario da cuarta etapa da Volta 16 celebrada na tarde do 23 de agosto, unha xornada de 163,5 quilómetros disputados entre Betanzos e o Mirador Vixía de Herbeira (2ª categoría), en San Andrés de Teixido (A Coruña). O francés foi o máis forte da fuga dos 20 ciclistas que se xogaron a vitoria e que serviu ao colombiano Darwin Atapuma (BMC) para situarse como novo líder da carreira, arrebatando a camiseta vermella ao murciano Rubén Fernández (Movistar), que incluso cedeu uns segundos respecto ao grupo de favoritos que chegaba xunto á meta.
Nesta ocasión os españois quedaron mii lonxe da cabeza na clasificación da carreira. Jaime Rosón (CJR) foi noveno, e Alejandro Valverde (MOV) entraba no posto vinte, aínda que na xeral individual o murciano mantense na segunda posición, a 28 segundos do líder. Por equipos, o Movistar Team, lidera a clasificación xeral.
A etapa 5, de 171,3 quilómetros entre Viveiro e Lugo arranca esta tarde ás 13:10 horas.