Galerías de fotosÚltima hora

Limpeza de rabazas na praia fluvial do Malecón (O Barco)

A partires das dez da mañá deste domingo 14 de xullo comezaba a retirada de plantas e rabazas no cauce do río Sil ao seu paso pola praia fluvial do Malecón (O Barco). Nesta limpeza, promovida dende o Concello barquense, participan un grupo de voluntarios.

Ademais cóntase coa colaboración de Iberdrola, que puxo en marcha os mecanismos precisos para reducir o cauce durante esta mañá e así facilitar na medida do posible a realización dos traballos. O GES Valdeorras e Protección Civil do Barco participan tamén nesta actividade.

A limpeza continuará durante toda a mañá ata que se remate o traballo.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button