ConcellosÚltima hora

Literatura infantil, teatro e monicreques para celebrar o “Día da Biblioteca” na Rúa

A Biblioteca Municipal acollerá actividades entre o 23 e o 25 de outubro, no marco do programa “Ler conta moito”
Representación da “Cabeza do dragón”.

Como cada ano por estas datas, a Biblioteca Municipal da Rúa prepárase para celebrar o “Día da Biblioteca” cunha serie de actividades infantís enmarcadas no programa de animación á lectura “Ler conta moito”, para os días 23, 24 e 25 de outubro ás 11:30h.

Para os alumnos de Infantil vai dirixida a obra Chocolate. A música, o teatro e a danza mestúranse nesta peza protagonizada polos cociñeiros Antón e Tomasa que chegarán á Rúa o martes día 23 cunha divertida aventura na procura do mellor doce.

Ao día seguinte, 24 de outubro, tocaralle o turno á Cabeza do dragón, adaptación en galego para marionetas da obra de Ramón del Valle-Inclán. Dirixido a alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria, a obra narra a historia do príncipe Verdemar, desterrado do seu fogar, que coa axuda dun trasno falcatrueiro, terá que loitar contra bandoleiros e mesmo contra o terrible dragón que ten apresada á filla do Rei Micomicón…

A terceira peza do mes, prevista para o xoves día 25, vai dirixida aos nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria e está centrada en Gale, a historia da lingua quen a través do teatro de sombras e monicreques, guiará aos cativos para amosarlles a situación na que se atopa e a maneira de axudala a repartir o seu gran tesouro: as palabras, as expresións e os dicires.

Artigos relacionados

Back to top button