ConcellosÚltima hora

Literatura, música rap e tradicional no Festival das Letras Galegas do Barco

Na tarde do 17 de maio terá lugar o acto central do programa da Semana das Letras nesta vila valdeorresa
Asistentes a un festival anterior das Letras Galegas na praza Maior do Barco./ Foto: A.R.

A praza Maior do Barco será escenario na tarde do 17 de maio do acto central da Semana das Letras neste concello valdeorrés. Ás 20:30h. comezará a Festa das Letras, unha homenaxe a María Victoria Moreno con forma de festival musical e literario e con numerosos participantes.

Así subiranse ao escenario os membros de Gargallada Teatro (Manuel Caramés, Lalo Santos, Reyes Limia, Manuel González) para dar lectura a diferentes textos, así como Roma do Val, Sderap, TorfyJorge Álvarez e Armando Pérez Dúo, Xoaquín Freixeiro e Mauro Docampo Dúo.

 

Sderap actuará na Festa das Letras do día 17 de maio no Barco./ Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button