CulturaCulturaÚltima hora

O valor da igualdade a través do teatro e dos monicreques, en Larouco

A vila acollía nesta tarde a funcióin "Cousas da casa" de Micromina Títeres

 

Dun xeito ameno e divertido, os máis pequenos reflexionaban en Larouco sobre a igualdade entre homes e mulleres en diferentes ámbitos. As antigas escolas desta localidade acollían a partir das cinco da tarde a función de monicreques “Cousas da casa”, da compañía Mircromina Títeres, dirixida a público infantil.

Esta iniciativa, que se desenvolvía mantendo todas as medidas de seguridade sanitarias fronte ao Covid, forma parte da campaña de accións de sensibilización da sociedade e prevención da violencia de xénero ao abeiro ao Abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Está organizada polo GDR 7 en colaboración co Concello de Larouco.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button