Levaban varios días buscando unha das súas vacas e, ao final, atopaban os seus restos. O animal resultaba presa do ataque do lobo. Non é a primeira vez que isto sucede no que vai de ano na montaña do Bolo, na comarca de Valdeorras. “Só nós xa levamos tres reses grandes e cinco ou seis pequenas e isto estase convertindo nun problema moi grande para nós”, explica a gandeira afectada.
Tamén indica que os “ataques de lobo cada vez son máis nesta zona e atacan a animais mais grandes. Non podemos resistir isto”.
Fotos cedidas.