CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

“Lobos sucios” arrasa no Barco

Cifras récord de asistencia nas sesións desta longametraxe que aborda a explotación nazi do wolfram nas minas valdeorresas

En tan só catro sesións un total de 1.050 valdeorreses pasaban polo Teatro Lauro Olmo do Barco para ver a longametraxe “Lobos sucios”, que se proxectaba os días 14, 16, 17 e 18 de abril. Esta película, con dirección do coruñés Simón Casal, está baseada nun documental do mesmo título realizado polo rues Felipe Rodríguez, que tamén é coguionista do filme.

“Agás o primeiro día, nos outros tres encheuse a sala e ademais quedaba xente sen vela que xa mercaba as entradas para o seguinte día”, comenta o presidente do Cine Club Groucho Marx, José María Rodríguez.

De feito, esta entidade ten previsto volver a proxectar “Lobos sucios” nesta mesma semana con sesións os días 21, 23, 24 e 25 de abril. Xa hai quen comprou as entradas para a primeira destas proxeccións.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button