CulturaCulturaÚltima hora

“Lobos Sucios”, a estrea con máis público nos cines galegos

Esta longametraxe, que aborda a explotación mineira do wolfram en Valdeorras durante a segunda guerra mundial, foi a estrea máis vista en Galicia
O equipo da película "Lobos Sucios" no pasado OUFF en novembro, no que se estreaba o filme./ Foto: Carlos G. Hervella.
O equipo da película “Lobos Sucios” no pasado OUFF en novembro, no que se estreaba o filme./ Foto: Carlos G. Hervella.

A longametraxe galega “Lobos sucios” que retrata a explotación nazi das minas valdeorresas de wolfram está a ter unha gran acollida en Galicia na súa estrea, o pasado 8 de abril. Segundo os datos que vén de facer públicos a CRTVG (que participa nesta película) “Lobos Sucios” acadaba na comunidade galega un 34% máis espectadores que o filme “Julieta” de Pedro Almodovodar, tamén estreado ese mesmo día. Ademais, esta longametraxe dirixida por Simón Casal e baseada na idea orixinal do valdeorrés Felipe Rodríguez, situábase dentro do top 5 en Galicia, tanto en recadación coma en número de espectadores.

Con respecto ao resto de España, a CRTVG mantén que a película lograba situarse no top 10, no posto sétimo entre as películas coa mellor media por copia en toda España, e mesmo no top 20 de recadación, aínda que contaba con só 47 copias en toda España.

Artigos relacionados

Back to top button