ConcellosÚltima hora

A localidade lusa de Matosinhos inaugura a praza do Eixo Atlántico

Entre as autoridades asistentes ao acto estaba o alcalde do Barco, Alfredo García, que é vicepresidente do Eixo Atlántico
Autoridades presentes no acto inaugural da praza do Eixo Atlántico en Matosinhos.
Autoridades presentes no acto inaugural da praza do Eixo Atlántico en Matosinhos.

Situada xunto ao acceso Norte da Ponte Móvel do Porto de Leixões, a Praça do Eixo Atlântico de Matosinhos inaugurábase na mañá do 2 de novembro coa presenza de numerosas autoridades. Esta praza está destinada a subliñar a participación desta cidade lusa “na comunidade intermunicipal do Norte de Portugal e da Galicia”. Ademais con este acto ponse fin á programación da “Capital da Cultura do Eixo Atlântico 2016”, que este ano compartían Matosinhos e Vila Real

Outro dos momentos do acto inaugural.
Outro dos momentos do acto inaugural.

Entre os asistente á cerimonia estaban diversos representantes do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, entre eles o alcalde do Barco e vicepresidente deste organismo, Alfredo García, así como o presidente do Eixo Atlántico e da Câmara Municipal de Braga, Ricardo Rio, os presidente das Câmara de Matosinhos e Valongo, os alcaldes de Ourense, Jesús Vázquez; Lugo e Lalín, así como Xoan V. Mao, secretário xeral do Eixo Atlântico, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close