EconomíaEconomíaÚltima hora

“Localis”, un novo servizo de reparto comarcal, no Barco de Valdeorras

 

Dende finais de novembro, a unhas semanas do Nadal, a comarca de Valdeorras conta cun novo servizo de mensaxería. Na rúa Lauro Olmo Nº 2 baixo do Barco está “Localis”, unha empresa de reparto comarcal adicada á recollida e envío de pedidos en toda a comarca.

Trátase dun novidoso servizo para recibir calquera tipo de produto no domicilio. “É un servizo tamén para particulares pero está especialmente dirixido ao sector comercio”, puntualizan, asegurando que de momento está tendo moi boa acollida.

Con respecto aos prezos, varían en función do destino. “Por exemplo para o núcleo urbano do Barco e Viloira é 1 euro e a puntos como Éntoma, Rubiá, Vilamartín ou A Rúa son 2 euros… para menos de 5 kg”, explican dende “Localis”, engadindo que traballan con Envialia para o servizo de envíos nacionais.

Para máis información e envíos: 604 034 693.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button