En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Localizada morta a anciá desaparecida en Trives

O seu corpo foi localizado polo dispositivo de búsqueda na mañá do 3 de setembro nas proximidades do río Fiscaíño

Un dos grupos organizados dentro do dispositivo de búsqueda atopaba ao redor das dez da mañá do 3 de setembro o corpo sen vida de Raquel Pérez Carballo, a anciá desaparecida en Trives hai nove días. Estaba nunha zona boscosa próxima ao río Fiscaíño e bastante alonxada da residencia da terceira idade trivesa, en concreto entre 4 e 5 km. A muller desaparecida tiña 82 anos. Era vista por última vez no Castrelo (Trives) ás 11:00 horas do día 25 agosto.

Do dispositivo de búsqueda da mañá do 3 de setembro, que comezaba ás 8:30h. cunha reunión no campo da festa de San Fiz, formaban parte seis patrullas da Garda Civil cos seus mandos naturais, o Equipo de Montaña de Trives, o Servizo Cinolóxico e o helicóptero da Coruña, unha patrulla do exército, 22 persoas de Protección Civil (das agrupacións de Manzaneda, Vilardevós, A Rúa e Trives) e 43 voluntarios de localidades próximas.

O dispositivo de búsqueda da anciá poñíase en marcha xa dende o momento da súa desaparición, o 25 de agosto, e ao longo deses días tamén teñen participado numerosos efectivos da Comandancia da Garda Civil de Ourense, apoiados por especialidades como Seprona, Equipo de Montaña con base en Trives, Servizo Cinolóxico de Rescate e un helicóptero (ambos dependentes da zona da Garda Civil de Galicia), así como membros do Exército de Terra, encargados da vixiancia dos lumes, Protección Civil (Manzaneda, Trives, A Rúa, Vilardevós, Baños de Molgas e Maceda, estas dúas últimas realizando unha búsqueda a cabalo), o GES de Castro Caldelas e voluntarios de pobos do entorno, segundo se informaba dende a OPC da Comandancia de Ourense da Garda Civil.

De non obter resultados na mañá do 3 de setembro, estaba previsto que se sumasen tamén ao operativo ás agrupacións de Protección Civil de Os Blancos e Parada de Sil.

Ás 14h. do 3 de setembro ás 14h. procedíase ao levantamento do cadáver da anciá e ao seu traslado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) para realizarlle a autopsia. O Equipo de Policía Xudicial do Barco de Valdeorras instrúe dilixencias para o Xulgado de Instrución de Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button