ConcellosÚltima horaVilamartín

Localizado con vida e hospitalizado o octoxenario que desaparecera en Vilamartín

 

Rozando ás 12h. deste mediodía era localizado con vida o veciño de 89 anos que desaparecera onte en Portela (Vilamartín). Foi atopado nun viñedo da zona por un traballador dunha adega. O ancián presentaba signos importantes de hipotermia e foi rapidamente trasladado en ambulancia ao Hospital Público de Valdeorras, tal e como confirma o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez.

O dispositivo de busca para localizar a este veciño, que vivía no Barco pero que estaba pasando uns días coa súa irmá e sobriña na Portela (Vilamartín de Valdeorras), poñíase en marcha esta mañá por parte da Garda Civil da Rúa.

Nel participaba o helicóptero da Garda Civil e o servizo cinolóxico (de cans), así como o Equipo de Rescate e Intervención en Montaña da Garda Civil de Trives, Protección Civil, varias patrullas da garda civil e drons, e o GES Valdeorras.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button