EconomíaEconomíaÚltima hora

Localízanse novos niños secundarios de velutina en Fontei (A Rúa) e Montefurado (Quiroga)

Niño secundario de velutina en Fontei (A Rúa)./ Foto cedida.

 

A estensión da praga da Vespa velutina pola comarca de Valdeorras continúa confirmándose. Cada día aparecen novos niños secundarios, xa de gran tamaño, no alto das árbores que agora están perdendo as súas follas. Desta volta vén de localizarse un Fontei (A Rúa), que xa foi tamén neutralizado por parte do GES Valdeorras e de Protección Civil da Rúa.

 

Ubicación do niño no alto da árbore./ Foto cedida.

 

Ademais tamén se están atopándose niños en zonas moi próximas a Valdeorras como é o caso de Montefurado (Quiroga), onde se localizou o niño da imaxe inferior. No caso de ver un niño, recoméndase dar aviso chamando ao 012.

 

Niño secundario de velutina en Montefurado (Quiroga)./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close