OurenseÚltima hora

Localízase o corpo dun home que levaba desaparecido desde onte, tras saír a pescar en Cortegada

 

Os buzos da Garda Civil localizaron o corpo do home no río, en Vilanova da Barca, na zona do embarcadoiro do río Miño, no municipio ourensán de Cortegada, tal e como vén de informar o 112 Galicia, que tivo constancia da desaparición esta mañá.

“Ao fío das 8 e media, os axentes da Garda Civil solicitaban ao 112 Galicia a saída da Unidade de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), para colaborar na busca dun varón que faltaba desde este pasado domingo despois de saír a pescar. Segundo a información recibida a través dos axentes, o turismo do desaparecido fora localizado en Vilanova da Barca, preto dun pequeno embarcadoiro. Foi un compañeiro do infortunado quen deu a voz de alarma tras non presentarse ao seu posto de traballo”, segundo a información feita pública polo 112 Galicia.

Ao operativo, posto en marcha pola Garda Civil, sumáronse os membros do GES de Ribadavia cunha embarcación, e de Protección Civil de Cortegada.

Finalmente, ao redor das 13:45 horas deste mediodía, os membros do GES de Ribadavia confirmaban ao 112 Galicia que os buzos da Garda Civil localizaran ao home afogado no río.

Artigos relacionados

Back to top button