OurenseÚltima hora

Loiro (Barbadás) rescata as últimas décadas cunha exposición de fotos antiguas

A mostra permanecerá aberta toda a semana no Centro Social da localidade ourensá
Inauguración da exposición de fotos antigas no Centro Social de Loiro (Barbadás).

Máis dun cento de veciños de Loiro, no concello ourensán de Barbabdas, asistían o 13 de abril á inauguración dunha exposición na que se recollen preto de trescentas imaxes e obxectos donados polos propios veciños nas que se reflicten estampas da vida diaria e cotián, pero tamén das datas sinaladas para os protagonistas, fundamentalmente nas últimas oito décadas.

A mostra, organizada e xestionada por Manuel Fernández, veciño inquedo e amante da cultura e as tradicións do pobo, foise xestando ao longo de case un ano coa recollida de fotografías que no pasado verán foron amosadas aos veciños nun vídeo. A gran acollida, moveu ao Concello de Barbadás a promover unha exposición co material reunido, que está ubicado no Centro Social de Loiro, onde permanecerá toda a próxima semana, período no que se recibirán visitas diarias dos alumnos dos centros escolares do municipip que tamén visitarán o Museo da Gaita de Fole de Barbadás. Ademade está programada a visita de colectivos de adultos, pertencentes a asociacións veciñais e outras agrupacións do concello.

A exposición acolle asemande obxectos de todo tipo como candís ou apeiros de labranza e ata un monumento funerario, que lle da á mostra unha vertente etnográfica e histórica. Neste senso, o tenente de alcalde de Barbadás, Xosé Manuel Fírvida, amosouse “moi satisfeito por un traballo no que os propios veciños son protagonistas e que reflicte a vida da veciñanza ó longo das últimas décadas”.

Artigos relacionados

Back to top button