CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Lois Pérez móvese no linde entre a música e a palabra, no Barco

Este contador, músico e poeta actuaba na tarde do 3 de xullo dentro do ciclo De Perto

Música, versos, humor… e contos, boa parte deles relacionados co contrabando, coa raia. Lois Pérez achegábase á palabra dende eidos diversos no espectáculo co que se presentaba no De Perto, na tarde do 3 de xullo no Xardín da Casa Grande (O Barco).

Esta era a segunda vez que participaba neste ciclo, que promove o Concello do Barco, tras a súa participación, hai cinco anos, na primeira edición. Lémbrabao na presentación o técnico de Cultura barquense, Gustavo Docampo. “É un contador de historias, contos, humorista, músico e cantante”, engadía.

O lucense Lois Pérez subíase entón ao escenario para iniciar a actuación con versos do seu libro “Long Play” (Xerais, 2018). Escollía o poema “A nosa terra, a miña terra”, que fala “sobre a memoria e a desmemoria” e que adicaba ao xornalista barquense José Antonio Gurriarán, falecido en abril, e ás protagonistas do seu libro “As mulleres do monte” (Galaxia, 2016).

A fronteira era outra das liñas temáticas que abordaba ao longo da función, tanto en termos simbólicos como literais nos versos de “O berce da area (aLePo)” ou nas historias sobre contrabando que ía debullando. “A poesía móvese nun terreo entre a palabra e a música, e iso interésame moito como contador de historias”, comentaba en varias ocasións.

A palabra contada será novamente o fío condutor de De Perto na vindeira actuación do ciclo, prevista para o 10 de xullo ás 22:30h. novamente nos Xardíns da Casa Grabde. Desta volta será da man do gaditano Momi Ogalla que presentará no Barco “De idas y vueltas”.

Texto e fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button