EconomíaEconomíaGalerías de fotosPizarraÚltima hora

Loita contra o po de sílice nas naves de lousa

En Valdeorras presentábase un proxecto que está a desenvolver en Galicia para reducir á exposición a este tipo de po no sector

O Centro Tecnolóxico da Lousa en Sobradelo acollía o pasado 10 de decembro unha xornada técnica sobre os proxectos que se están a desenvolver no sector co fin de eliminar á exposición ao po de sílice nas naves. Trátase dunha iniciativa promovido dende o Clúster da Lousa de Galicia e que conta coa colaboración da Consellería de Economía e Industria.

O encontro, ao que ademais de diversos represantes do sector acudían alcaldes de Valdeorras, abríase coas intervencións do presidente da Asociación Galega de Pizarristas, Víctor Cobo, e da subdirectora xeral de Recursos Minerais, María José Mijares.

De seguido, Javier Iglesias Currás, director de proxectos da empresa Inteco Ingenería Avanzanda, daba conta das medidas adoptadas para a eliminación do risco derivado da exposición ao po de sílice na fábrica piloto de Os Gallos. A xornada completábase coa ponencia “Métodos de vangarda para optimizar a ventilación como elemento de loita fronte ao po en naves de lousa”, presentada por Javier Madera García, director técnico do Instituto Nacional da Silicose.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button