ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Loita entre mouros e cristiáns no campo da Saínza

A batalla campal centra os actos da Romaría da Saínza que se celebra en Rairiz de Veiga

Centos de persoas congregábanse na mañá do domingo 21 de setembro no campo da Saínza, na localidade ourensá de Rairiz de Veiga. Ante os seus ollos, unha imaxe de pasado, unha ollada á época medieval.

Dende hai maís dun século, este núcleo ourensán festexa a Romaría da Saínza, unha festa que rememora a loita entre mouros e cristiáns, unha batalla campal a ritmo de sabres, canóns e galopar de cabalos, coa torre do castelo como testemuño, que foi declarada festa de Interese Turístico en Galicia.

O combate prolóngase durante aproximadamente unha hora, a cargo de decenas de veciños, convertidos en improvisados actores, que escenifican unha historia que arranca coa provocación por parte do bando mouro: o roubo do estandarte da Virxe da Merced (a quen está adicada esta festa) no campamento dos cristiáns. Con esa afrenta o combate está servido.

Recuperar o estandarte e o castelo é o obxectivo esta batalla. Mouros e cristiáns enfróntanse nunha primeira pelexa que resulta inútil. Un emisario entra entón en escea para conversar co rei mouro e buscar unha solución pacífica, que tampouco resulta. Os cristiáns insisten na solución dialogada e envían a unha embaixada, pero a vía das armas imponse e finalmente comeza a batalla que acaban gañando os cristiáns que devolven o estandarte ao seu campamento.

Malia que a recreación da batalla é o acto central, a Romaría da Saínza incluíu outra serie de actos como a actuación de charangas e orquestras, así como a procesión coa imaxe da Virxe da Merced e posterior eucaristía no propio campo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close