DeportesÚltima hora

Loito no atletismo galego polo falecemento de Sergio Vázquez

Comunicado emitido pola FGA con motivo do falecemento do seu ex presidente

 

 

No día de hoxe recibimos a tristísima noticia do falecemento de quen fora Presidente da Federación Galega de Atletismo (FGA) Sergio Vázquez. Durante algo máis de cinco lexislaturas, Sergio foi o encargado de conducir e dotar ao atletismo galego de ferramentas e recursos.

Durante o seu período cimentáronse as bases dun gran proxecto que logrou convertir á Federación Galega de Atletismo nunha das máis importantes e con máis peso no deporte galego e no atletismo nacional sendo o artífice de igual modo, do deseño da actual base estructural cuxas delegacións, estamentos, núcleos e distintos comités constitúen a pedra angular federativa.

Os comezos non foron tempos fáciles, a falta de recursos e as carencias de medios e instalacións sacaron a relucir unha das grandes virtudes de Sergio Vázquez, a súa capacidade de negociación e de xestión que lograban importantes recursos e concesións para o noso deporte. Si todo esto definía moi ben a esencia de quen fora o presidente máis carísmatico do atletismo galego, a súa gran virtud foi sen lugar a dúbidas o seu marcado carácter ético, nobre e humano que xunto as súas crenzas relixiosas, marcaron a súa filosofía de vida.

 

Sergio Vázquez co actual presidente da FGA, Isidoro Hornillos.

 

Comezos

Nado na parroquia lucense de Hombreiro no ano 1936, os seus primeiros contactos co atletismo darían comezo na cidade das murallas con 17 anos da man dos míticos Manuel Fraga Ferrant, Ramón Pidal Barja ou Gregorio Pérez Rivera que de seguida viron nel un talento innato para o atletismo

No ano 1954 lograba o seu primeiro triunfo importante, o campionato de España nos 3.000 m., debutando ca selección española tres anos despois nun encontro España-Bélgica. Ese mesmo ano, emprende viaxe á localidade alemana de Friburgo onde permanece por un curto espazo de tempo adestrando ca mellor escola da ápoca dirixida por Waldemar Gerschler de que sacaría experiencias moi positivas.

En 1964 con 24 anos, e xa asentado na Coruña, da comezo a faceta de xestor e adestrador creando o Club Atlético Coruñés e dirixindo aos clubs de fútbol do Imperator e o Deportivo xuvenil.

No ano 1984 accede á presidencia da Federación Galega de Atletismo no momento no que se constitúen de novo as Federacións Autómicas cargo que acupa ata o ano 2006 onde tomaría o relevo o por aquel entón Director Técnico e actual Presidente, Isidoro Hornillos.

Texto e imaxes: FGA.

Artigos relacionados

Back to top button