ConcellosÚltima hora

Loito oficial en Trives polo falecemento da funcionaria municipal Isabel Fernández

 

A primeira hora desta mañá, e tras coñecer o falecemento da funcionaria municipal Isabel Fernández Prieto, o Concello da Pobra de Trives decretaba tres días de loito oficial, o que supón a suspensión “todos os actos oficiais e as bandeiras ondearàn a media asta”.

Dende o Concello destácase que “Isabel era unha funcionaria exemplar, destacando sempre no seu traballo pola súa extraordinaria profesionalidade e unha excepcional vocación de servizo ao pobo de Trives, ademais da súa gran calidade humana.  Trasladamos o noso fondo pesar a todos os seus familiares e amigos aos que nos unimos na súa dor”.

Era unha persoa moi querida na vila e os seus compañeiros destacan o seu “permanente sorriso” e a súa vocación de servizo, “era unha persoa única”, din.

 

Artigos relacionados

Back to top button