PolíticaÚltima hora

Loli Rodríguez, número 2 do BNG no Barco: “As mulleres precisamos dun plan integral dotado de recursos”

Xunto ao candidato nacionalista á alcaldía barquense, Suso Vilasánchez, presentaba as principais medidas do programa do BNG en materia de igualdade
Loli Rodríguez xunto a Suso Vilasánchez na rolda de prensa celebrada na sede do BNG do Barco este 21 de maio.

A través de Loli Rodríguez, segunda na lista do BNG no Barco, anunciaba esta formación política as medidas do seu programa en materia de igualdade neste municipio nunha rolda de prensa convocada neste 21 de maio. Antes referíase á situación real que viven as mulleres, asegurando que a pobreza en Galicia “ten faciana de muller xa que un 85% das mulleres están empregadas no sector servizos, un dos servizos máis precarizados. Mais esta precariedade non só é específica do sector dos coidados, senón que afecta a todos os traballos feminizados. O traballo no fogar e de coidados de persoas dependentes foi ignorado pola economía capitalista e polos poderes públicos. Ao mercantilizalos, convertéronse en empregos de segunda, e desenvólvense en condicións de elevada precariedade laboral, convivindo desigualdades de xénero, de clase ou raciais”.

Loli Rodríguez leva 15 anos traballando no Hospital Comarcal Valdeorras e é delegada sindical da CIG Saúde en Valdeorras. Nos últimos anos ten feito diferentes pesquisas no mundo do feminismo e iniciado este movimento na comarca. “As mulleres precisamos dun plan integral, dotado de recursos económicos, sociais, médicos, xudiciais e políticos reais e eficaces. Queda moito camiño por percorrer cada día, porque o feminismo é unha loita contínua contra a desigualdade e a discriminación”, destacaba.

O BNG propón no Barco un cambio “radical pensando nas persoas e non nas grandes obras”. Nese senso unha das propostas do seu programa é a ampliación do CIM (Centro de Información á Muller) mediante o aumento de persoal especializado e das competencias, “unha medida que choca radicalmente co que está a facer o PSOE e o PP no resto dos concellos galegos, onde se desmantelan estes centros”, din os nacionalistas.

O programa do BNG tamén plantexa a creación dun Centro de Información afectivo-sexual para a mocidade e persoas LGTB+.E, entre outras iniciativas, os nacionalistas propoñen unha división diferente do Concello do Barco con “Supraconcellerías que supervisen e fisalicen todas as áreas de goberno e que garantan as políticas transversais como no eido social, feminista e de inclusión”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close