En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Lolo Zapico ponlle acento á beleza do Camiño de Inverno nunha exposición en Valdeorras

Esta mostra, que se inauguraba o 3 de marzo, poderá visitarse ao longo de dous meses en Portela (Vilamartín)

O Camiño de inverno, promovido polos concellos agrupados nunha Asociacion en prol de reivindicar esta ruta a Compostela, segue a reclamar o gran interese que supón a alternativa máis axeitada de acceso a Galicia cando o frío é máis duro polo alto dos montes.

Nesta ocasión, e coa colaboración do Concello de Vilamartin de Valdeorras e da familia Gayoso que cede a súa casa en Portela, inaugurouse o sábado 3 de marzo unha exposición do artista Lolo Zapico, inspirada na súa Laciana natal, que co título “Espantapájaros y Paisajes del Camino”, ponlle acento á singular beleza dos camiños polos que cada vez mais peregrinos escollen no Bierzo a ruta a Santiago en dirección Valdeorras polas beiras do Sil, o que se coñece como Camiño de Inverno.

A exposición, que quedará montada durante dous meses, é unha mostra da visión do artista sobre as paraxes rurais do camiño, expresada nunha obra de escultura, na que combina basicamente pedra, ferro e cerámica, e de pintura en óleo, cera e pastel, nun particular abstracto ás veces con certo puntillismo, reunindo unha amplísima mostra obrigada de coñecer, nun escenario tan enxebre como coidado, e facer logo unha visita a Portela (Vilamartín de Valdeorras) e pasear por un dos pobos con maior patrimonio de arquitectura popular da bisbarra.

Ao evento asistíu o alcalde de Vilamartin, Enrique Barreiro, a familia Gayoso e Brasa que fixeron de anfitrións, representantes dos Concellos da Rúa e O Barco, e un gran número de persoas que encheu as salas e patios da casa, e aos que se lles ofreceu un longo aperitivo no que non faltou a deliciosa empanada de costrelas.

Texto e fotos: José Ángel Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button