CulturaCulturaEducaciónSen categorizar

“Longa viaxe cara a noite” representa a súa ultima función no Barco

Poderá verse a partires das 21h. do 30 de maio no escenario do Teatro Lauro Olmo
Unha das esceas desta obra do CDG.
Unha das esceas desta obra do CDG.

O Teatro Lauro Olmo do Barco acollerá ás 21h. do 30 de maio a derradeira función de “Longa viaxe cara á noite”, unha versión do texto autobiográfico asinado polo premio Nobel de Literatura Eugene O’Neill que o Centro Dramático Galego (CDG) vén representando dende hai dous meses escenarios galegos e portugueses.

“Longa viaxe cara á noite” ten supusto asemade o primeiro achegamento do CDG á literatura dramática estadounidense a través dunha das obras cumio do que, segundo numerosos estudos, é pai fundador do teatro norteamericano moderno.

Nesta versión galega, baixo a dirección de Manuel Guede Oliva, os actores Gonzalo Uriarte, Luisa Merelas, Marcos Viéitez e Alberto Rolán interpretan os Tyrone, unha familia quebrada polas frustracións persoais e os vicios, na que se atopan moitos trazos autobiográficos dos propios O’Neill.

Foto: CDG

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button
Close