Monográfico Moda veránMonográficos

Look desenfadado

Kina Fernández aposta por un estilo desestruturado e cómodo, no que se exploran e mesturan volumes sen perder de vista un estilo sofisticado na procura da elegancia, a través dunha colección inspirada nas grandes cidades
Foto: Ugo Camera
Foto: Ugo Camera

Un estilo desestruturado/chic. Un look desenfadado e cómodo, no que se mesturan volumes. “Un easy-concept que non perde nunca de vista un estilo sofisticado, para unha elegancia luxosa e discreta”.

Esta é a carta de presentación da colección outono-inverno 2012-2013 da firma Kina Fernández, con María Álvarez como directora creativa, que lonxe de viaxar a éxoticos países na procura da inspiración, céntrase nas grandes cidades nas que vive “observando e disfrutando do que nos rodea e creando unha colección ideal para o día a día”, tal como explican dende o departamento de prensa da empresa.

Os volumes e longos da proposta invernal da firma coruñesa van do maxi ao mini, pasando polo midi. Dende o oversize en amplas prendas de abrigo construídas para a parte máis casual da colección, a reducidos vestidos e saias “hiper cinguidos” en strech. Un plisado degradée alixeira a silueta e crea o seu propio volume, no que as saias e os vestidos móvense amplos e lixeiros. Os pregamentos son sen dúbida a revelación estrela das propostas para o inverno.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Ugo Camera
(Máis información na edición en papel do Especial Moda de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button