EconomíaEconomía

López Abella, na inauguración do XI Foro da Federación de Mulleres Rurais de Ourense

Na súa intervención salientaba a importancia de incentivar o emprendemento orientado a muller rural
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella na inauguración do XI Foro da Igualdade da Federación de Mulleres Rurais de Ourense.
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella na inauguración do XI Foro da Igualdade da Federación de Mulleres Rurais de Ourense.

A integración de xénero no medio rural é un elemento estratéxico non soamente para promover a igualdade entre homes e mulleres senón tamén para o crecemento económico e un desenvolvemento pleno e duradeiro do medio rural, xa que constitúe unha garantía de futuro para toda a sociedade. Así o aseguraba a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, o 13 de setembro na inauguración do XI Foro da Igualdade da Federación de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO). Nesa mesma liña destacaba que un dos obxectivos do seu departamento “é incentivar o emprendemento orientado á muller rural”.

Abella subliñaba ademais a importancia de seguir traballando para potenciar a incorporación das mulleres rurais ás oportunidades do mercado de traballo, e “a Administración galega traballa no fomento de novas actividades que permitan unha transformación máis competitiva para o avance do medio rural, xerando así novas oportunidades de emprego, especialmente para as mulleres”.

Lembraba ademais que á Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense é unha das 15 asociacións de mulleres que forma parte do Consello Galego de Mulleres, que foi constituido o pasado mes de marzo e que actuará como canle de participación efectiva das mulleres para o asesoramento en materia de políticas de igualdade e no que atinxe á prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Asistentes ao encontro.
Asistentes ao encontro.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button