EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Lorena Guitián volve brillar sobre a Pasarela Cibeles

A modelo valdeorresa foi unha das protagonistas da 75ª edición da Mercedes Benz Fashion Week Madrid

 

Fiel á cita coa moda, do 9 ao 13 de marzo Ifema acollía unha nova edición da Mercedes Benz Fashion Week Madrid, a mítica pasarela Cibeles que reunía a un total de 44 deseñadores: 22 creadores consagrados, 10 xoves talentos que participaron na pasarela Allianz EGO e 12 deseñadores no programa OFF con desfiles en distintos espazos de Madrid.

 

Lorena Guitián desfilando para Ágatha Ruíz de la Prada.

 

Lorena cun modelo de Isabel Sanchís.

 

E desfilando para moitos deses xenios consagrados da moda, atopamos unha vez máis á modelo valdeorresa Lorena Guitián que tralo seu tardío debut no mundo da moda con Yves Saint Lorent na Fashion Week de París 2020, segue pisando forte sobre as mellores pasarelas nacionais e internacionais, desfilado para firmas como Hermès, Lacoste, Valentino ou a mesmísima Christian Dior, pero sen deixar de lado os desfiles de casa, brillando con luz propia na Mercedes Benz Fashion Week de Madrid.

 

Cun modelo de Pertegaz.

 

Desfilando para Redondo Brand.

 

A primeira vez que desfilou sobre a pasarela madrileña era en setembro de 2020, a segunda en abril de 2021, a terceira en setembro de 2021 e a cuarta en marzo deste 2022, hai só uns días. E facíao brillando sobre a pasarela con deseños de Ágatha Ruíz de la Prada, Isabel Sanchís, Jorge Vázquez, Otrura, Pedro del Hierro, Pertegaz, Redondo Brand, Roberto Torretta e Ynésuelves.

 

 

Desfilando para Ynésuelves.

 

Fotos: MBFWMadrid.

Artigos relacionados

Back to top button