OurenseÚltima hora

Lorenzo Pérez, pregoeiro das Festas de San Xoán 2019 en Río

Natural de Casares (Ribas de Sil), casou en Río e foi traballador do seu Concello durante 26 anos. O venres 21 de xuño ás 22h. Lorenzo será homenaxeado polos seus veciños
Lorenzo Pérez, pregoeiro das Festas do San Xoán 2019 en San Xoán de Río./ Foto cedida.

O ano pasado a veciñanza de San Xoán de Río decidíu por ampla maioría que nas festas de San Xoán fora pregoeiro unha persoa da localidade en detrimento de xente famosa allea o municipio como ocorre en moitas festas. Os primeiros homenaxeados neste novo formato e encargados de dar o pregón e lanzar o chupinazo de inicio de festas foron Kike e Nestor, as persoas que levaron a comisión de festas durante 30 anos ata dar paso o ano pasado á Asociación Cultural RíoMola. Neste segundo San Xoán coa nova comisión de festas e o homenaxeado será Lorenzo Pérez González, quen resultou gañador entre as mais de 10 candidaturas presentadas.

Lorenzo naceu en Casares, no concello veciño de Ribas de Sil, o 22 de maio de 1955. Tras varios anos de noviazgo con Luisa, unha veciña do Campo, ambos decidiron casar en 1980, ano no cal Lorenzo mudou a ribeira de Casares pola montaña de San Xoán de Río. Xa en Río ambos tiveron unha filla que se chama Lorena.

Lorenzo traballou de pintor moitos anos ata que en 1992 entrou no concello coma “Operario de servizos municipais”. Tras 26 anos traballando no concello, o ano pasado xubilouse e agora desfruta contento e moi a gusto da súa nova vida de pensionista en San Xoán de Río.

Estes 26 anos de traballo no concello, a súa integración en San Xoán de Río e a súa amabilidade coa veciñanza fixeron que a comisión de festas de San Xoán o elixira como pregoeiro neste 2019. Este próximo venres 21 de xuño ás 22h. Lorenzo será homenaxeado polos seus veciños e coas súas palabras e o chupinazo darán comezo as festas de San Xoán 2019.

Artigos relacionados

Back to top button