OurenseÚltima hora

Los Coronas, cabeza de cartel do FAX 2018 en Xinzo de Limia

O festival celébrase hoxe a partires das 20h. no Toural coa actuación, entre outros, dos ourensáns Guezos
O líder de Los Coronas nun concerto.

O festival FAX regresa hoxe a Xinzo de Limia cunha visión solidaria (o 30% da recadación neta será para Limisi) cun programa que se desenvolverá no Toural a partires das 20h. Ese será o momento no que se abran as portas do recinto namentres polas rúas de Xinzo haberá animación musical a cargo do coro Aimil Folk e os da Lagoa antes de que comecen as actuacións.

A banda ourensá Guezos con 11 anos de traxectoria, será quen suba o pano dando paso ao prato forte deste ano, os madrileños Los Coronas. Este grupo de música surf, ven de actuar por todo EE.UU e recalarán en Xinzo en tonro ás 23h. O festival rematará con Chotocoeu, unha banda da Coruña que terá no FAX a única actuación deste ano en Galicia.

O prezo de entrada na billeteira é de 14 euros e no recinto haberá postos de comida e bebida. Unha novidade deste ano é que os rapaces ata 12 anos, non pagarán entrada. “Loxicamente teñen que vir acompañados dun maior e coa autorización asinada que se pode descargar da páxina ou ven na billeteira. Tamén haberá postos de artesanía, aseguran dende a organización que coincide co Concello en que “este será un ano decisivo para o futuro deste festival”.

 

Cartel do FAX 2018.

Artigos relacionados

Back to top button