CulturaCulturaÚltima hora

Los Correctos musicalizan versos de Florencio Delgado Gurriarán

O concerto pechará o acto en torno ao poeta valdeorrés que terá lugar o 11 de novembro no País Vasco
Los Correctos nunha actuación na Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.
Los Correctos nunha actuación na Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

A figura do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán será promocionada na Universidade do País Vasco/ Euskal Herriko Unibertsitatea o vindeiro 11 de novembro.

O acto terá lugar na Aula Magna da Facultade de Letras a partires da 11 horas e contará coa participación de Débora Álvarez Moldes que dará unha conferencia sobre “os procesos de elaboración dun proxecto de actividades de dinamización cultural e lingüística, para o que tomei como exemplo un proxecto centrado na figura do poeta valdeorrés”, explica Débora, dinamizadora da lingua galega e da Biblioteca Pública Miunicipal Florencio Delgado Gurriarán do Barco de Valdeorras.

Trala conferencia, o grupo Los Correctos porá música a algúns poemas do autor nun pequeno concerto como broche á actividade.

Artigos relacionados

Back to top button