CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Los Íñigos abren o apartado musical das Festas de San Roque, na Rúa Vella

O grupo de versións e Danzalia poñían ritmo á noite do venres 16 de agosto

Na súa versión máis oitententeira conforme avanzaba a actuación, con versións de clásicos do rock e pop en español, Los Íñigos animaban a noite do venres no campo de San Roque, na Rúa Vella.

Xa houbo cine, teatro e cultos, pero era deste xeito, ao ritmo de cancións como Eva María ou Déjame, como a banda formada por músicos de Valdeorras e Terras de Trives abría o apartado musical das Festas de San Roque que se estenderán ata o martes día 20.

Trala sesión de pop e rock, collía o relevo Danzalia Disco Show pinchando ata altas horas da madrugada, e o programa continúa hoxe 17 de agosto co pasarrúas de Airiños de Portela, a Volta Ecolóxica (19h.) e o baile a cargo do grupo Samba que actuará en sesión de tarde e verbena.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close