CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Los Íñigos actuarán nas festas de San Roque no Barco

Imaxe dunha das últimas actuacións dos Íñigos no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

Música dos anos 60 e 70 para festexar o San Roque no barrio barquense do mesmo nome. Mañá, 16 de agosto, será o día grande desta celebración que comezará, xa ao mediodía coa procesión coa imaxe do santo polas rúas desta zona da vila.

A música será outro dos referentes da xornada e dentro dela destacará a actuación do grupo valdeorrés Los Íñigos que, sen dúbida, despregará pola noite o seu amplo repertorio de versións de coñecidos temas de décadas atrás para facer bailar e cantar ao público. Ademais está prevista a actuación do DJ M. Angelo.

Artigos relacionados

Back to top button