CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Los Íñigos actuarán o 27 de outubro no Café Teatro Bajo 5, no Barco

A banda de versións animará a noite cun concerto a partires das 23h.
Los Íñigos no festival SilFest á beira do río Sil, no Barco de Valdeorras. /Foto: Mónica GH. Bellver.

Ademais dun lugar no que tomar un café ou unha copa e degustar bos pinchos, coa inauguración hai dous meses, o Café Teatro Bajo 5 situado na praza do Sagrado do Barco de Valdeorras, abría un novo espazo para desfrutar da cultura, coa programación, entre outras propostas, de música en directo.

E así o está facendo. A mediados de setembro Fon Martínez daba un concerto en acústico e para mañá, 6 de outubro, está programada a actuación de Chett Miranda, un concerto con versións de pop rock a partires das 23h.

E xa pechando o mes, serán os incombustibles Íñigos os que se  suban ao escenario do café para deleitar unha vez máis ao público coas súas versións dos temas máis destacados da música española dos  anos 60, 70, 80 e 90.

Artigos relacionados

Back to top button