Galerías de fotosÚltima hora

Los Íñigos poñen o ritmo á sesión vermú do sábado no SilFest

O grupo valdeorrés interpretou parte do seu repertorio de versións dos anos 60 e 70

Pouca xente sabe animar unha festa como Los Íñigos. E precisamente foi a banda valdeorresa a que amenizaba a sesión vermú do sábado no SilFest, o festival músico-gastronómico á beira do riño Sil.

Seguindo o ritmo e tamén cantando, numerosas persoas desfrutaban da escolma de versións de música española das últimas décadas que interpretaba a banda na praia fluvial do Malecón, no Barco de Valdeorras. Viño ou cervexa en man, os maiores seguían as indicacións dos músicos (facendo un tren, agachándose en determinados temas,…) mentres os pequenos, os primeiros na fila, non perdían detalle.

Trala sesión de música festiva as actividades do festival continuaban, centrados nos pequenos pola tarde,e xa para os mozos, cara a noitiña na zona de concertos.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button