ConcellosÚltima hora

Los Íñigos poñen son e ritmo á Festa das Pandillas do Barco

Dez peñas se reunían á beira do río na sesión vermú amenizada polo grupo valdeorrés o 16 de setembro
Los Íñigos en concerto./Foto: Mónica G. Bellver.

Cunha entrada triunfal no Renault 4 vermello, Los Íñigos chegaban á beira do río Sil no mediodía do 16 de setembro, en plenas Festas do Cristo do Barco. Alí, deron un animado e festivo concerto para amenizar a Festa das Pandillas, nunha das edicións máis abertas e multitudinarias dos últimos anos.

Dez pandillas (en torno ás 150 persoas) dábanse cita na praia fluvial do Malecón barquense, pero ao reclamo do grupo barquense de versións acudían moitísimas máis. Xente de diferentes idades pero especialmente xoves parellas cos fillos, seguiron en primeira fila cada unha das cancións interpretadas polos músicos. Dende “Vacaciones de verano” ata “Un beso y una flor” ou mesmo “El Tren”, un fermoso paseo polos mellores sons dos anos 60 e 70 que ofreceron ao público durante máis dunha hora.

E unha vez rematado o concerto, tralos bailes os membros das pandillas, grupos de amigos da xuventude que cada ano se xuntan por estas datas (algúns fano durante todo o ano) compartiron risas, anécdotas e un aperitivo. Nesta ocasión, o que desfrutaron á beira do Sil foi servido por Mantesil.

Máis fotos no seguinte enlace:

https://www.osil.info/especiales/los-inigos-ponen-son-e-ritmo-a-festa-das-pandillas-do-barco

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close