ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

“Los Jinetes del Trópico” actúan esta noite no Refuxio, na Rúa

O concerto comezará de madrugada, tralas actuacións musicais da Baco Festa
O grupo Los Jinetes del Trópico.

Hoxe, 9 de agosto, O Aguillón da Rúa abrirá as portas a unha intensa fin de semana marcada pola Baco Festa. E precisamente como prolongación dos concertos programados polo Concello, O’Refuxio propón a clientes e todos cantos se queiran achegar este venres, festa rachada da man do grupo “Los Jinetes del Trópico” cuxo particular estilo inclúe cumbia, reggaeton antimachista ou punk tropical.

Con catro eps ás súas costas e outros tantos singles, po trío reséntanse neste 2019 coma unha das bandas revelación galega, presentes nos principais festivais do país como Atlántic ou Revenidas. Tras o seu éxito Namoreime dunha pulpeira,  encóntranse presentando o single Cumbia De Muxía, tema que grabaron con Tanxugueiras.

O concerto na Rúa comezará en torno á 1 da madrugada.

 

Artigos relacionados

Back to top button