CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Los Limones animan a noite previa ao Cristo, na Pobra de Trives

 

Cun pregón dobre, un concerto e unha tirada de fogos artificiais. Así arrincaban na Pobra de Trives os actos para honrar ao Santo Cristo da Misericordia, nun noite de luns marcada pola intensa chuvia.

Así, na carpa instalada na praza do Concello e trala lectura do pregón por parte dos médicos do PAC, Manuel e Olaya, o escenario era para Los Limones, mítico grupo de pop, destacado nos anos 80 e 90 que compartía co público trivés algúns dos seus temas máis coñecidos como Donde acaba el mar. O seu último disco publicado é Quintos do 64 que conta con regrabaciones de éxitos anteriores como Ferrol ou Almudena, unha deliciosa versión de Na o cima do mundo e 7 temas novos entre os que destaca o que dá nome xenérico ao CD que festexa os 50 anos de Santi Santos cunha homenaxe a toda a súa xeración.

Tralo concerto e xunto antes de que parara de chover, os fogos artificiais iluminaban o ceo trivés.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button