CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Los Sabineros recalan este domingo na Sala Baranda do Barco

O dúo cómico musical Flaco Rodríguez e Mario Ojeda, subirase ao escenario a partires das 19:30horas
Parte do cartel do concerto de Los Sabineros.

Este domingo 3 de febreiro, ás 19:30 horas, Los Sabineros, o peculiar dúo cómico musical con cancións de Sabina e outros artistas, aterran por primera vez no Barco de Valdeorras para actua na sala Baranda. As entradas están á venda na mesma sala (15 euros), en puntos autorizados (A Cervecería na Rúa, Restaurante Piquiño, Cafetería Veira Sil, El Manjar e Ton y Son, no Barco) e en ticketea.com (10 euros).

Trátase dun espectáculo cómico musical que empeza moi seriamente como a maioría dos tributos ou homenaxes e despois, a partir do cuarto ou quinto tema, os seus integrantes, o granaíno Flaco Rodríguez e o arxentino Mario Ojeda, empezan a ser eles mesmos, versionando e cantando por diferentes artistas. A diferenza dos tributos ao uso, Los Sabineros van improvisando canción tras canción. Así, ás veces cantan nun inglés “andalú” e outras, interpretan cancións de José Luis Perales, Serrat, Nino Bravo… ou incluso Pimpinela.

Peculiares e inclasificables, Flaco e Mario teñen levado o seu espectáculo por case toda a península, prometendo facer pasar un bo rato aos asistentes que se pasen polo Baranda.

 

Artigos relacionados

Back to top button