Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Los Suaves e Gallego Jorreto, Medallas de Galicia 2016

O grupo de música ourensán e o arquitecto carballinés recibirán a máxima distinción de honra que concede a Xunta nunha gala o vindeiro 24 de xullo

O grupo de música rock ourensán Los Suaves e o arquitecto carballinés Manuel Gallego Jorreto serán dous dos catro galardoados coa Medalla de Galicia 2016. A máxima distinción de honra que concede cada ano o goberno autonómico a persoas e institucións reseñables recala dobremente este ano na provincia ourensá. Completan a lista o pintor e escultor cambadés Francisco Leiro, e Basilio Losada, membro da Real Academia Galega (RAG), de Láncara.

Este foi un dos acordos adoptados polo Consello da Xunta celebrado esta mañá en Santiago de Compostela e así o anunciaba a continuación o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo. Os homenaxeados recibirán a distinción nunha gala que se celebrará o vindeiro 24 de xullo, nas vésperas do Día de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button