CulturaMúsicaÚltima hora

Los Suaves actuarán no XX Derrame Rock en Ourense

Dentro da súa xira de despedida, a banda ourensá compartirá cartel con clásicos como Rosendo, Siniestro Total ou Burning
A banda ourensá de rock Los Suaves na xira 2015 "La música termina".
A banda ourensá de rock Los Suaves na xira 2015 “La música termina”.

Baixo o lema “El fin de una época”, Los Suaves formarán parte do cartel da XX edición do festival de música Derrame Rock que se celebrará na explanada de Expourense o 27 de xuño. Será o único concerto na cidade da xira “La música termina”, polo tanto, “unha das últimas oportunidades para gozar coa nosa lexendaria banda, medalla de ouro e sobre todo orgullo da cidade que puxo voz e letra a toda unha época e a moitas xeracións”. Así o anunciaban dende o Concello de Ourense, na presentación do festival que tiña lugar o 14 de abril, a cargo da concelleira de Cultura, Ana Garrido, o coordinador do festival, Enrique Granda, e a colaboradora do festival, Gloria Ferreiro.

Completando o cartel do Derrame Rock 2015, estarán clásicos do rock estatal como Rosendo, Siniestro Total ou Burning, acompañados de bandas emerxentes locais como Bergallazo e Contra as cordas. Un elenco de luxo
para a semana das festas de Ourense, cubrindo un importante campo da programación cultural nesas datas.

Artigos relacionados

Back to top button