ConcellosÚltima hora

Losada afonda en Verín no mundo da morte na cultura galega

Este investigador impartía unha conferencia na biblioteca municipal desta localidade ourensá
Conferencia de Miguel Losada na Biblioteca Municipal de Verín./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Conferencia de Miguel Losada na Biblioteca Municipal de Verín./ Foto: José Rodríguez Cruz.

Continúa o ciclo de actividades que se vén desenvolvendo na Biblioteca Municipal de Verín ao longo de outubro con motivo da conmemoración do Día Internacional da Biblioteca, cuxa data é o 24 de outubro. Así o 21 de outubro Miguel Losada (da SAGA) impartía unha nova ponencia neste espazo na que abordaba “O mundo da morte, as ánimas e os defundos na cultura galega”.

Outra das citas do programa será a presentación da novela “Amigo medo” (Ediciones La Discreta) de Javier López Rodríguez. O acto está programado para as 19:30h. do vindeiro 29 de outubro. Nel, ademais do autor, estará o etnógrafo José Rodríguez Cruz, natural da Gudiña.

Losada falou sobre o mundo da morte na cultura galega./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Losada falou sobre o mundo da morte na cultura galega./ Foto: José Rodríguez Cruz.

Artigos relacionados

Back to top button