CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Lourenzo e a galiña que pon ovos de cores, no Barco

Tanxarina presentaba no Teatro Lauro Olmo a súa adaptación teatral do conto “A galiña azul”, do escritor ourensán Carlos Casares

Con algúns dos bonecos protagonistas entre as butacas e rodeados polo público máis novo da sala, finalizaba a función “A galiña azul” de Tanxarina no Barco na noite do 9 de novembro. Era unha deliciosa hora de teatro, música e cancións, cunha fantástica escenografía, para contar (con moito humor, ritmo e mimo) a historia de Lourenzo e da súa galiña diferente ás demais e de como, coa axuda de Lucho, burlaban ás autoridades que pretendían collela.

Sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo, os tres actores de Tanxarina (Eduardo Cunha “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giráldez) daban vida a este relato cun elenco de personaxes, todos eles bonecos, que convivían cunha única figura de carne e oso: o alcalde.

Esta historia, baseada no texto homónimo de Carlos Casares e con dirección e adaptación de Cándido Pazó, fala sobre as diferenzas, a amizade e a solidariedade e que remataba ao son do “cocorocó” e entre numerosos aplausos.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button