En portadaÚltima hora

A lousa galega, un material natural e sostible

O Clúster de Pizarra de Galicia lanza unha campaña co lema “Lousa galega: natureza na túa vivenda” e está promovida dende o Clúster de Pizarra de Galicia
Detalle da imaxe da campaña promocional do Clúster da Pizarra.
Detalle da imaxe da campaña promocional do Clúster da Pizarra.

A “extraordinaria calidade da lousa galega, única no mundo polas súas propiedades” e o “carácter natural e sostible” deste material construtivo resáltanse na campaña que vén de presentar o Clúster da Pizarra de Galicia. Leva por título “Lousa galega: natureza na túa vivenda” e con ela preténdese incrementar a visibilidade desta pedra natural de gran calidade, cuxo principal centro de produción mundial está en Valdeorras. Deste xeito búscase achegar á sociedade as características e propiedades deste material, para favorecer así a súa elección non só para as cubertas de vivendas e todo tipo de edificios, senón para fomentar a súa utilización noutros usos”, tal e como se explica dende o Clúster.

Esta iniciativa “vai dirixida a medios de comunicación offline e online xeralistas (prensa, radios e televisións) e especializados neste sector, e inclúe ademais unha completa estratexia de presenza en redes sociales (RRSS) e de patrocinios de diferentes espazos”, explican dende esta entidade sectorial.

A campaña incide especialmente na sostibilidade da lousa galega, “xa que ao tratarse dunha pedra natural, require un menor procesamento e, polo tanto, un baixo custe enerxético na súa transformación. Ademais, non xera ningún tipo de emisión”. Tamén se resalta a súa gran durabilidad, estimada en unos 200 anos, “o que permite que se reutilice en varios edificios ao longo da súa vida útil. A lousa sitúase deste xeito entre os materiais de construción más sostibles, naturales e respetuosos col medio ambiente que existen”, segundo o Clúster. Póñense en valor asemade outras das súas propiedades como a resistencia á flexión, “o que inflúe na súa durabilidade; o carácter illante tanto térmico como sonoro, a impermeabilidade, o que asegura unha absorción da auga e unha heladicidade baixas, e á súa versatilidade”, indican dende o Clúster.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close