En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Lubián celebra unha concurrida Romaría da Tuíza

A festa seguirá pola tarde nesta zona zamorana coa actuación da orquestra La Ocaband e cunha degustación de vitela ao espeto

Arredor das once da mañá deste domingo 30 de setembro comezaban os actos da Romaría da Tuíza no santuario do mesmo nome en Lubián (Zamora), que está adicado á Virxe das Neves. A esa hora abrías as súas portas da feira de artesanía e produtos da terra, onde poderán degustarse e mercarse ao longo desta xornada festiva diferentes produtos de gastronomía desta zona pero tamén da veciña provincia de Ourense.

A primeira das misas da romaría oficiábase ás 11:30 h., se ben a central era ás 13h., seguida dunha procesión coa imaxe da Virxe, acompañada pola música da Banda de gaitas As Portelas. Numerosas persoas se daban cita dende os primeiros momentos neste santuario, boa parte das cales están a comer nas súas inmediacións para seguir a festa pola tarde.

Así, ás 18h. actuará a orquestra La Ocaband e o remate da festa virá a partires das 21h. cunha deliciosa degustación de vitela asada ao “burduntzi”, é dicir, ao espeto. A carne, que comezaba xa a prepararse a primeira hora da mañá, está sendo elaborada polo equipo de Karlos Ibarrondo.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close