ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Lubián vibra con Carlos Núñez e coa Banda das Portelas

Multitude de persoas desfrutaban desta actuación, incluída no XII Festival Folk&Rock nas Portelas desta localidade zamorana

A praza Nova da Fontarbela de Lubián (Zamora) quedábase pequena para acoller á multitude de persoas que se reunían nela na noite do 6 de agosto para asistir ao concerto do gaiteiro Carlos Núñez, acompañado, nesta ocasión pola Banda de gaitas das Portelas. Moitas delas procedían da provincia de Zamora, pero tamén zonas próximas ourensás como Viana do Bolo, Vilariño de Conso, A Gudiña ou mesmo Manzaneda.

Desfrutaban dunha velada de boa música, tradición, baile e mesmo poesía, que se ía desenvolvendo de xeito moi ameno e participativo. Ademais Carlos Núñez convidaba á banda local das Portelas a compartir con el unha nova cita musical, será na súa actuación en Barcelona.

Este concerto formaba parte do XII Festival Folk&Rock nas Portelas, que se desenvolvía ao longo da tarde e da noite do 6 de agosto en Lubián. Comezaba ás 19h. na praza Horta do Cura co son de Manteos y Monteras (Aliste, Zamora), da Banda de gaitas do Concello de Verea (Ourense) e da do São Bernardo (Aveiro, Portugal). Era a perfecta antesala de Carlos Núñez. Tras este músico galego, actuaban, tamén na praza da Fontarbela, Gabriel Calvo y la Fabulosa Retahíla e Biribirlocke.

Estes actos forman parte do Verán Cultural de Lubián, que está organizado polo Concello de Lubián, as Xuntas de Montes dos pobos do concello e a Asociación Xente Nova.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close