CulturaCulturaÚltima hora

Lubián (Zamora) acolle a proxección de “María Solinha”, do director valdeorrés Ignacio Vilar

Tamén estiveron presentes o alcalde, Felipe Lubián, e Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas do Morrazo que pasou anos da súa vida na localidade zamorana

De esquerda a dereita, o alcalde de Lubiña, Ignacio Vilar, e o alcalde de Cangas do Morrazo.

 

Lubián (Zamora) acolleu na noite de onte, 6 de agosto, a proxección do filme “María Solinha”, do director valdeorrés Ignacio Vilar e coa súa presenza. Ademais, tamén estiveron presentes o alcalde, Felipe Lubián, e Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas do Morrazo que pasou anos da súa vida na localidade zamorana.

 

 

Felipe Lubián comezou a presentación falando en galego, e reivindicou que aínda estando en Castela e León, o Estatuto recolle “o respecto e protección á lingua galega”. Ademais, recoñeceu que o alcalde de Cangas do Morrazo “leva Lubián no corazón, xa que foi un dos seus primeiros lugares de traballo. Foi unha gran persoa para o Concello”.

 

 

Pola súa banda, Xosé Manuel Pazos recoñecía que “estou moi emocionado, xa que estiven aquí tres anos de mestre. Se Lubián estivera máis cerca de Cangas eu non me movería de aquí”.

Por último, o director, Ignacio Vilar afirmaba que ” é unha ledicia poder estar en Lubián, xa aquí hai moita xente que fala galego. Nos concellos non só de Galicia, senón tamén do norte de Portugal e norte de Castela e León”.

 

Público.

 

Vilar destacou a boa acollida que está tendo a película, cuxa estrea en cines comerciais se truncaba pola crise do Covid, un atranco que o director convertía en oportunidade ao apostar, por vez primeira, por facer a estrea no rural antes que nas cidades, levando a película a aquelas localidades que non dispoñen de cine comercial. E iso a través dun dobre formato: o autocine e o cine ao aire libre. “María Solinha”, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición, pero vai moito máis alá retratando unha serie de situacións que se van repetindo no tempo ata a actualidade”.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close