BaloncestoDeportesÚltima hora

Lucas Mondelo deixará o seu posto como adestrador da Selección Española Feminina de Baloncesto

O técnico con orixes no Barco de Valdeorras accedía ao cargo en 2012

O técnico de orixe barquense Lucas Mondelo durante un dos partidos destes Xogos Olímpicos.

 

Dende que accedeu ao cargo en 2012, Lucas Mondelo (técnico con orixes no Barco de Valdeorras) dirixiu á Selección Española Feminina de Baloncesto en 152 partidos, cun balance de 127 vitorias e 25 derrotas, entre partidos oficiais e amigables. Neste tempo, España conquistou 7 medallas nos diferentes campionatos nos que participou.

Así e todo este non foi un dos mellores anos para o conxunto nacional (era sétimo no Eurobásket e caía en cuartos de final nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020) e a Federación Española de Baloncesto “decidía acollerse a unha das cláusulas do seu contrato, e ante a non consecución dos obxectivos deportivos que figuran nela, a non continuidade de Lucas Mondelo como seleccionador absoluto feminino”, aseguran dende a entidade deportiva.

A FEB agradece o labor de Mondelo á fronte do equipo durante estes anos, pero decidiu que “é momento de buscar un novo impulso para a Selección Española”, traballando xa nas bases dunha nova etapa.

Artigos relacionados

Back to top button